A creatividade é o punto de encontro entre imaxinación e realidade, entre a lóxica e a «fantástica», a porta tanto cara as nosas emocións como cara o noso coñecemento, é un dereito fundamental das crianzas e unha responsabilidade humana. Este pensamento diverxente é fundamental para o progreso e o benestar, tanto individual como social, xa que representa a capacidade que temos de cambiar as cousas, de atopar solucións aos retos que se nos presentan, para mellorar o entorno, a nosa vida, e polo tanto a sociedade. A creatividade é común a tódolos seres humáns, e atópase en estado puro e libre durante a infancia, polo que fomentar e respetar as diferentes expresións do pensamento creativo infantil é unha das nosas prioridades.

Beneficios da creatividade.

  • Alenta a espontaneidade, a orixinalidade e a libre expresión.
  • Require da toma de decisións.
  • Constrúe a autoestima e o autoconcepto.
  • Aumenta a tolerancia á ambigüidade.
  • Favorece a liberdade, a flexibilidade e a fluidez de pensamento.
  • Desperta a sensibilidade, a curiosidade e o interés polo entorno.
  • Mellora a observación, a atención e a concentración.
  • Reinvidica a experiencia e a experimentación.
  • Fomenta o pensamento crítico.