Intervencións lúdico-artísticas.

Son instalacións efímeras  de descubrimento, creatividade e experimentación sensorial. 

Os espazos sensoriais son experiencias únicas en  provocadores ambientes preparados que  convidan ao xogo e á expresión emocional e artística a través dunha metodoloxía activa, dinámica e libre.

Parten dunha temática transversal como escusa para xerar espazos de aprendizaxe significativo, xogo libre, asombro, emoción…

a quÉn van dirixidas

As intervencións lúdico-artísticas están pensadas para entidades como museos, bibliotecas, escolas, centros de ocio e cultura, así como escolas ou asociacións, que desexen contar na súa programación con actividades para crianzas de ata 6 anos.