Qué mellor maneira de botar a andar que coa chegada do verán! Os aires do solsticio traennos a renovación e novas enerxías. E dende A Chintofanería inauguramos o ciclo de actividades en familia ao aire libre 2019.

Cada mes ofreceremos unha actividade diferente, de carácter fortemente experimental e abertas a unha ampla franxa de idade.

Xuño ofrécenos a posibilidade de explorar o noso entorno cargado de sensacións, cores, cheiros…e por iso a actividade deste mes xira entorno ás plantas, á súa identificación e recoleción, e á preparación de auga de flores. Desfrutaremos duna xornada de ocio en familia na natureza, na que por suposto haberá momentos para o xogo libre, contos e merenda!

Obradoiro en Familia_HERBAS DO SOLSTICIO
Etiquetado en: