O entusiasmo do xogo como motor de aprendizaxe.

A Chintofanería é un proxecto lúdico-pedagóxico que nace da necesidade de aunar as nosas dúas pasións, o xogo e a creatividade.

Trátase dunha iniciativa do ámbito da educación non formal, que bebe da pedagoxía activa. Na nosa metodoloxía reflexionamos sobre os lugares comúns das diferentes experiencias educativas  que nos motivan (Escolas na natureza, Reggio Emilia, Pickler, Montessori, Arno Stern…), e os reformulamos para adaptarnos ao tempo de lecer, ao entorno e aos diferentes ritmos das crianzas, para xerar novos modelos de convivencia basados no respeto mutuo e para co medio, no que as crianzas son potentes e competentes, son as protagonistas e os constructores do sentido da súa propia vida.

Segundo a nosa filosofía, na planificación e realización das nosas actividades, pensamos que é de vital importancia coidar dos seguintes factores:

Experimentación, (auto)coñecemento, e a importancia do riesgo no xogo (que non perigo, ollo!).

Idioma, expresións artísticas, folklore, estacións…é o mundo que nos rodea.

A importancia do entorno e dos materiais. Somos creativos por natureza.

As 100 linguaxes das crianzas.

Aprender de nós, aprender dos outros.