Despois do verán da comezo un novo curso escolar, pero os días aíndas son longos e pódense desfrutar ao aire libre!

Para quen non estivo durante os meses pasados, queremos abrir a nosa casa para que nos coñezades, e por iso vos convidamos á nosa Xornada de Portas Abertas na Casa da Xustiza, para que poidades participar nesta nova edición mensual dos obradoiros en familia, no que nesta ocasión experimentaremos con lá de ovella, unha materia natural xenial que permite múltiples posibilidades!

Coma de constumbre, poderemos compartir unha merenda, un sorriso, o tempo, inquedanzas e descubrimentos, haberá tempo para o xogo libre, ademáis das actividades e cancións!

Agardámosvos!

Obradoiro en familia_DESCUBRINDO A LÁ DE OVELLA
Etiquetado en: