Aprender facendo.

Son obradoiros aptos para amplas franxas de idade, xa que o obxectivo fundamental non son os resultados, senon os procesos experimentais e sensoriais que ofrecen, pero poden ter carácter familiar se as crianzas son moi pequenas.

Non hai mellor material que o cartón para deixar voar a imaxinación. Propoñemos a creación e decoración de macro mundos con cartón XL.

Experimentación textil cunha materia prima excepcional, a lá de ovella. Xogaremos coas propiedades do material, concretamente coa súa capacidade de absorción , e realizaremos formas mediante o feltrado da lá.

Alquimia e natureza para descubrir o poder tintóreo das plantas.

A natureza ofrécenos unha vez máis os seus recursos para crear unha infinidade de xoguetes, tantos como a imaxinación nos permita.

A música e o ritmo forma parte de nós, démoslle vida a eses elementos de refugallo e montemos unha banda!

Os pés na terra e as mans…tamén! Exploraremos  as posibilidades artísticas da arxila nun obradoiro máis que sensorial.

a quÉn van dirixidos

Os nosos obradoiros están dirixidos a todas as entidades, asociacións,  concellos que desexen incluílos na súa programación. Tamén se poden incluír dentro do marco educativo formal.