O xogo é algo moi serio, non é algo secundario. O xogo libre e espontáneo é unha capacidade innata do ser humán, que xurde guiado polas necesidades interiores de cada individuo, na que existe unha conexión emocional profunda.  A través do xogo as crianzas expresan, experimentan, viven, tramitan experiencias, disfrutan, aprenden, gozan, imitan, coñecen… Permitir o xogo e o movemento libre, é ofrecer un espazo físico e emocional de confianza, onde as crianzas poden ser. O xogo autorregulado fainos protagonistas das nosas vidas, polo que axuda a crear unha identidade propia. Xogamos polo mero pracer de xogar, pero nin nos imaxinamos os beneficios que pode chegar a ter a nivel cognitivo, físico e emocional.

Nivel cognitivo

  • Comprensión do entorno.
  • Capacidade de decisión e organización.
  • Iniciativa propia.
  • Desenvolvemento do pensamento lóxico.
  • Resolución de problemas.
  • Imaxinación e creatividade.
  • Atención e concentración.
  • Desenvolvemento da linguaxe.

Nivel físico

  • Desenvolvemento sensorial.
  • Desenvolvemento motriz (fina, gruesa, coordinación visomotriz, equilibrio…).

Nivel emocional

  • Diversión.
  • Expresión e descarga de sentimentos.
  • Autoestima.
  • Autonomía.
  • Tolerancia ante a frustración.
  • Resolución de conflictos.