Trátase de actividades cun forte caracter sensorial, experimental e creativo. Son actividades libres e abertas a unha ampla franxa de idade, para poder xerar puntos de encontro interxeracionais, compartindo e acompañando o tempo de lecer. Un espazo no que medrar xuntxs, tecer lazos, compartir retos, descubrimentos, satisfaccións, tempo.. .a vida!