A Chintofanería é un proxecto lúdico-pedagóxico que, seguindo a filosofía de menos é máis, nace da necesidade de reivindicar a infacia, de defender espazos e tempos para o xogo e o desfrute, e de compartir o noso amor pola terra.

Trátase dunha iniciativa do ámbito da educación non formal, que bebe da pedagoxía activa. Na nosa metodoloxía reflexionamos sobre os lugares comúns das diferentes experiencias educativas  que nos motivan (Escolas na natureza, Reggio Emilia, Pickler, Montessori, Arno Stern…), e os reformulamos para adaptarnos ao tempo de lecer, ao entorno e aos diferentes ritmos das crianzas, para xerar novos modelos de convivencia basados no respeto mutuo e para co medio, no que as crianzas son potentes e competentes, son as protagonistas e os constructores do sentido da súa propia vida.

As nosas propostas baséanse en tres liñas de acción: promover o xogo espontáneo, achegar a infancia á natureza e estimular a creatividade das crianzas.

xogo-libre-a-chintofanería
natureza-a-chintofanería
creatividade-a-chintofanería
Xogo
O entusiasmo do xogo como motor de aprendizaxe

O xogo libre e espontáneo favorece o desenvolvemento infantil, tanto a nivel físico, e emocional como cognitivo, é a ferramenta natural de aprendizaxe. O xogo é algo moi serio, por iso temos como misión conservar e promover espazos e tempos que den pé ao xogo libre.

Natureza
Natureza, o eixo da vida.

No centro dos nosos piares está promover o contacto das crianzas co medio natural e promover a vivencia de experiencias reais e insustituibles, para poder medrar no amor pola terra e reconectarnos con nós mesmas e co planeta.

Creatividade
Xermolar do pensamento diverxente

As crianzas son a máxima expresión da creatividade, posto que nada saben con certeza son capaces de inventar mil e unha formas de facer algo, e esta é a verdadeira intelixencia, e o noso deber, protexela.

previous arrow
next arrow

A metodoloxía empregada no desenvolvemento das nosas actividades caracterízase por:

Trátase de crear un clima de seguridade, respeto e confianza, no que se respetan os distintos ritmos das crianzas e a expresión das súas emocións, sen xuízos, acompañando con presencia e dispoñibilidade. Trabállanse as relacións de respeto como experiencia vital, co medio, cas demáis e con unha mesma.

Confiamos na capacidade de autorregulación das crianzas, que teñen vontade e potencial de moverse, de experimentar, de coñecer, de coñecerse física e emocionalmente, de evaluar riscos, de coidar(se), de tomar decisións…Este aprendizaxe autónomo reforza a autoestima e favorece o sentimento de ser dono de sí.

Claras son as nosas preferencias polos materiais naturais e de refugallo, transmisores de valores e fortemente sensoriais, así como cheos de posibilidades!

O idioma, a música, as lendas e contos, e as tradicións e celebracións forman parte da vida cotiá, tamén na Chintofanería nos gusta disfrutalas, e crear as nosas propias.