O noso obradoiro.

Do noso obradoiro saen todos os Chintófanos  que imaxinamos.

materiais

Na Chintofanería cremos no uso de materiais de cercanía, naturais ou reciclados, como ferramenta de transmisión de valores e de redución da pegada ambiental. Proximidade, reciclaxe, respeto e lóxica por bandeira.

Porqué xoguetes artesanais?

Os xoguetes artesanais son sumamente importantes cando o que se persigue é expandir o mundo sensorial das crianzas, e ao mesmo tempo incentivar a súa curiosidade e respeto polo mundo da artesanía e do arte.

Xogos de inxenio, de estratexia, puzzles…

Títeres sinxelos de fíos, de luva, e de dedo de lá de ovella feltrada e teas recicladas.

Bonecas de trapo, coches de madeira, construccións…

Motricidade fina, o mundo que nos rodea…

Móviles fantásticos, axóuxeres naturais, pelotas tipo Montessori, obxectos manipulativos…

Xogos tradicionais de gran formato para escolas, casa rurais, restaurantes…

Tes algo en mente?

Se queres un xogo ou xoguete personalizado ou totalmente feito ao teu gusto, tan só pensa unha idea e tentaremos facela realidade.

Se aínda non tes moi claro o que buscas, tamén podes deixarte aconsellar por nós na túa pesquisa.