Espazo de xogo libre e creatividade.

A nosa ludoteca viaxa polo mundo, percorre os camiños, dende Fisterre ao Courel, de Bares ao Xurés; enchendo as horas de diversión, compartindo momentos de festa e ledicia que marcan o corazón.

Trátase de xerar un espazo  compartido de xogo en espontáneo, onde a modo de ludoteca se presentan diferentes materiais que as crianzas poden usar libremente nos seus xogos.

Os materiais están realizados na súa maioría no noso obradoiro, ou son elementos reutilizados, e están distribuídos en diferentes áreas: teatrillo e monicreques, atrezzo e vestuario, construcións de bloques e pezas soltas, xogos e xoguetes tradicionais, zona de gateo e estimulación temperá.

Cada xornada é diferente, xa que son xs propixs nenxs quenes van dirixindo o xogo, creando mundos fantásticos e irrepetibles en cada ocasión.

Un ambiente preparado pensado para fomentar a imaxinación, a creatividade e a autonomía, e a liberdade e o respeto polos demáis, por un mesmo e polo entorno.

a quÉn vai dirixido

A Ludoteca Ambulante está ideada para xerar un espazo de xogo libre seguro en diferentes celebracións, como poden ser festivais ou romerías, de promoción tanto privada como pública.