Desetiquetando pola igualdade.

Porque non somos mercancía, non precisamos de etiquetas.

QUEERETE é un obradoiro teatral, unha proposta que pretende, a través de dinámicas de interpretación, improvisación e expresión corporal, entre outras, visibilizar a existencia dunha gran diversidade afectiva-sexual na sociedade, así como sensibilizar sobre as consecuencias de ignorala. Trátase a diversidade sexual dende o enfoque queer, o que nos permite reflexionar tamén sobre os privilexios en xeral (raza, sexo, orientación sexual, lugar de nacemento, clase social…), dotando a actividade de transversalidade en temas de igualdade.

Pero sobre todo, o que se pretende é fomentar a autoestima a través do autocoñecemento, como base da construcción da personalidade, desnormativizando e desetiquetando preferencias e rarezas, e traballar actitudes e habilidades sociais que permitan estabelecer relacións saudables agora e no futuro.

Traballo da confianza e a autoestima, identificación e expresión de emocións, observación e reflexión sobre cómo nos vemos e cómo nos ven, análise de etiquetas e expectativas, mitos e prexuízos.

Traballo do autocoñecemento e da autoestima. Estudo das relacións que establecemos, análise de privilexios, mitos e prexuízos, identificación de discriminacións e violencias, e reflexión sobre afecto e sexualidade.

a quén vaI dirixido

O proxecto Queerete está diseñado para realizarse nas escolas, orientado a nenxs de secundaria e primaria, nas súas adaptacións, e pode ser promovido tanto polas anpas como pola dirección dos centros.