Grupos de xogo na natureza.

Esta iniciativa pretende ofrecer un espazo de xogo e encontro, no que as crianzas teñen a posibilidade de desenvolver o seu xogo e as súas inquedanzas libremente no medio natural, acompañadas de persoas adultas que lles aportan confianza, seguridade e afecto, baixo unha mirada atenta e respetuosa.

Queremos comezar esta andaina ofertando un GXN na fin de semana e outro pola semana, e comezarán a funcionar para o curso 20/21.

Os venres pola tarde en horarios de 16 a 19h.

En horario de mañá, de 10:30 a 13:30h.

a quÉn vai dirixido

A familias con crianzas ata 12 anos, que queiran ofrecerlles os beneficios do xogo libre na natureza. Os grupos son dinámicos e heteroxéneos, fórmanse segundo a dispoñibilidade das familias, puidendo crearse novos grupos se hai persoas interesadas.