A natureza non é un mero escenario, se non que forma parte da nosa esencia. Somos natureza, ao igual que as pedras, a auga, o lume, a terra, o aire, a vexetación, os outros animais… polo que a nosa saúde e benestar está intimamente relacionado coa do planeta no seu conxunto. Esta perspectiva non-atropocentrista é a que nos permite aprender a convivir, a amar e a respetar. A crise medioambiental e social na que nos atopamos actualmente é consecuencia da desconexión co entorno natural, da falta de pertenencia. Vivimos nuha sociedade biofóbica, chea de medos, destructora, e descoñecedora, que polo tanto é incapaz de protexer e enferma. En contraposición, debemos traballar na transformación cultural cara unha sociedade biofílica, baseada no amor e no coidado da vida. Redescubrir e vivir a natureza como propia é un dereito de todo individuo, pero na infancia é aínda máis importante e necesario se cabe, non só polos beneficios físicos e psicolóxicos , se non tamén porque as crianzas son poderosos axentes de cambio na creación desta cultura de amor pola terra.
Algúns dos beneficios do contacto coa natureza, dependendo do grado e a frecuencia, poden ser:
Beneficios cognitivos
- Mellora a capacidade física e as capacidades psicomotoras.
- Intelixencia espacial.
- Reduce a fatiga mental.
- Mellora funcións cognitivas (atención, memoria, concentración…).
- Promove toma de decisións.
Beneficios psicolóxicos
- Canle de descarga de sentimentos.
- Mellora a calidade do sono.
- Promove a autodisciplina e autonomía.
- Mellora o autoconcepto e a autoestima.
- Reduce comportamentos agresivos.
- Reduce a ansiedade e o estrés.
- Respalda a creatividade.
Beneficios fisiolóxicos
- Control da obesidade e outras enfermidades crónicas, respiratorias, ou cardíacas.
- Reducción da miopía.
Beneficios sociais
- Menor illamento.
- Aumento da cohesión social.
- Promove o coidado da natureza.
Beneficios espirituais
- Inspiración.
- Sentimento de pertenza.
- Tranquilidade interior.
- Conciencia social.