O xogo é algo moi serio, non é algo secundario. O xogo libre e espontáneo é unha capacidade innata do ser humán, que xurde guiado polas necesidades interiores de cada individuo, na que existe unha conexión emocional profunda. A través do xogo as crianzas expresan, experimentan, viven, tramitan experiencias, disfrutan, aprenden, gozan, imitan, coñecen… Permitir o xogo e o movemento libre, é ofrecer un espazo físico e emocional de confianza, onde as crianzas poden ser. O xogo autorregulado fainos protagonistas das nosas vidas, polo que axuda a crear unha identidade propia. Xogamos polo mero pracer de xogar, pero nin nos imaxinamos os beneficios que pode chegar a ter a nivel cognitivo, físico e emocional.
Nivel cognitivo
- Comprensión do entorno.
- Capacidade de decisión e organización.
- Iniciativa propia.
- Desenvolvemento do pensamento lóxico.
- Resolución de problemas.
- Imaxinación e creatividade.
- Atención e concentración.
- Desenvolvemento da linguaxe.
Nivel físico
- Desenvolvemento sensorial.
- Desenvolvemento motriz (fina, gruesa, coordinación visomotriz, equilibrio…).
Nivel emocional
- Diversión.
- Expresión e descarga de sentimentos.
- Autoestima.
- Autonomía.
- Tolerancia ante a frustración.
- Resolución de conflictos.